martes, 16 de xullo de 2019

50 anos da chegada a Lúa

Fai 50 anos, tres astronautas eran literalmente lanzados ao espazo na maior aventura da historia para alcanzar outro mundo: o 16 de xullo de 1969, Neil A. Armstrong (39), Edwin E. Aldrin jr (38) e Michael Collins (39) despegaron dentro do módulo da Apolo XI, tal como foi coñecida a misión "AS-506", para alcanzar a superficie luar catro días despois e pisala ao día seguinte. O evento foi transmitido por televisión desde as instalacións do Observatorio Parkes (Australia) e foi seguido en directo por 600 millóns de persoas en todo o mundo, que miraban, absortas, as secuencias da histórica chegada.
 O voo foi iniciado co  despegue do módulo incrustado dentro do foguete Saturno V, desde o Centro Espacial Kennedy, en Cabo Cañaveral, Florida. Foi a quinta misión tripulada do programa Apolo da Nasa.
Videos de:
euronews
eitb.eus
Caídas dos astronautas

Ningún comentario:

Publicar un comentario