mércores, 19 de maio de 2021

Proxecto Neo. Canción Letras Galegas

No minuto  3:18 emítese a canción das Letras Galegas que fixeron os nosos profes de música e os compañeiros de 4º, 5º e 6º
 

Dígocho eu

  Para conmemorar o Día das Letras Galegas fixemos dous "Dígocho eu"

mércores, 12 de maio de 2021

Proxecto Neo. Radio Burela. Letras Galegas

Hoxe en Proxecto Neo emitiron  a nosa lectura do primeiro capítulo do libro "Non te amola!" de   Xela Arias, no minuto 3.
  
 Proxecto Neo  é un programa educativo que  podemos oir  en Radio Burela Fm 107.7,  os mércores de 17:00 a 18:00. Tamén podemos oilo en Cuac FM da Coruña e en Radio Filispín nas terras do Ferrol. 

martes, 11 de maio de 2021

mércores, 5 de maio de 2021

Para nais e pais: Programa Educando en Familia

O Programa Educando en Familia en colaboración co Concello de Burela vai a desenvolver unha actividade de interese para todas as familias do colexio. O día 11 de maio as 10:00 h terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura unha charla impartida pola Guardia Civil para falar sobre os problemas coas NOVAS TECNOLOXÍAS en idades temperás e sobre ACOSO ESCOLAR. Dado o interese dos temas, desde o centro recoméndase a asistencia. 
Aquelas persoas interesadas en asistir deben necesariamente inscribirse chamando ao teléfono 982 58 06.09 ou ben persoalmente na Casa do Concello.

martes, 4 de maio de 2021

Letras Galegas. Trivial

 
 Máis actividades para coñecer a autora homenaxeada este ano no Día das Letras  Galegas

Letras Galegas 2021

 

 Este ano o Día das Letras Galegas adicarase a Xela Arias. No enlace Seminario Galán tedes moita información sobre ela, xogos, fotos... e na páxina da Real Academia Galega Primavera das letras hai máis actividades


luns, 3 de maio de 2021

A Mariña Noticias. Día de Educación Física na rúa


Audiovisual feito conxuntamente entre aos centros educativos pertencentes ao Seminario de Educación Física da Mariña co gallo de celebrar o Día da Educación Física na rúa, o 28 de abril.

Video