mércores, 2 de xullo de 2025

Despídome de vós

 Aquí remata a miña etapa como mestra de Infantil e Primara. Despois de 37 anos adicados ao que, para min, é o mellor traballo do mundo, é o momento de deixalo. 

Sei que o botarei de menos, pero levo comigo grandes lembranzas e sempre seredes "os meus nenos e as miñas nenas" (se me vedes saudádeme, porfa, é moi posible que non vos recoñeza).

Deséxovos que a vida vos depare moitos  éxitos e momentos marabillosos.  

Ata sempre !! 😘😘😘😘😘

Verán


 

Feliz verán , disfrutade de cada instante, divertídevos e pasádeo moi ben. 

Ánimo para o proximo curso.

martes, 24 de xuño de 2025

Notas



 Mañá, mércores día 25, podedes pasar a recoller as notas en papel as persoas que o solicitastes, na nosa aula de 3º A de 11:00 a 13:00 horas.

sábado, 21 de xuño de 2025

Carmiña, Bonitiño e Clink en Viladonga despiden o curso

 
 
         Remata o Proxecto OS CASTROS, un nome misterioso coas nosas              mascotas en  Viladonga     

xoves, 19 de xuño de 2025

Gaia: estampado de camisetas


 Hoxe estivemos con Mª José de Gaia estampando camisetas, quedaron preciosas.
 Gracias Mª José, aprendemos moito e pasámolo moi ben. 
 Fotos 
 Videos 

Tecido


 Esta semana estivemos aprendendo a tecer. Primeiro informámonos de todo o proceso anterior ao tecido e de como eran os teares.
 Despois comezamos nós
 Fotos 
 Videos 
 

Eu son. Cerámica


 Hoxe visitáronnos os nosos amigos de Eu son, estivemos no noso cole facendo cerámica, aprendemos algo novo e ademais disfrutamos moitísimo. 
Grazas amigos 😘😘😘😘😘😘 

Colgantes Galaicos


 
 Estivemos facendo colgantes de trisqueles e triquetas cos bolis 3D
 Fotos 

Recomendacións para o verán


 
 
 
 Disfrutade e descansade no verán, pero adicade un tempo a repasar:
 
 
 

Experimentos científicos

Para facer coa supervisión dun adulto: 

mércores, 18 de xuño de 2025

Rematamos o noso proxecto "Yo mismo/a y mi mundo"


 Un  resumen do noso Proxecto deste curso, cada unidade traballada está representada por unha actividade plástica.

Contacontos con Raquel Queizás


 Hoxe fomos a un contacontos de Raquel Queizás á Praza do Concello, é unha das actividades do Concello  na Semana da Infancia
 Fotos 
 Videos 

luns, 16 de xuño de 2025

Devolución de Libros do Fondo Solidario


O mércores 18 de xuño de  9:00 h a 10:00 h ou de 13:00h a 14:00h  o alumnado de 3º  beneficiario do fondo solidario ten que devolver os libros na secretaría do centro,  nunha bolsa, co nome do alumno ou alumna escrito por fóra.


























Teares e tecidos

Tecemos como galaicos e galaicas. 
 
Primeiro informámonos:

Plantamos fresas

 Plantamos fresas en macetas e coidámolas no cole, esta semana levámolas para a casa.

Pasapalabra. Gaia


 Xogamos a pasapalabra con Mª José de Gaia
 Fotos 
 Videos 
 Montaxe  

venres, 13 de xuño de 2025

Concello de Burela: I Semana da Infancia

 Burela celebra a Semana da Infancia cunha ampla programación educativa e lúdica. Terá lugar do 16 ao 20 de xuño con actividades repartidas por toda a vila e unha programación diversa pensada para distintos públicos. 
 Tamén haberá espazo para actividades complementarias como torneos de Ping Pong e Uno, ou a exposición “Tan coma Ti”, centrada na realidade das persoas con Síndrome de Down. 
 A semana rematará co concerto de fin de curso da Escola Municipal de Música.
 
 
 As persoas interesadas en participar nos torneos poden solicitar información ou inscribirse na Casa da Xuventude, a través do correo electrónico casaxuventude@burela.org ou chamando ao 982 58 11 41.
 
Para ver o cartel máis grande pica AQUÍ 
 

sábado, 7 de xuño de 2025

Concello de Burela: ‘Somos Verán’

Volve para  este verán o programa municipal “Somos Verán”,  desenvolverase nas instalacións do CEIP Os Castros en horario de mañá, de 9:00 a 13:30 horas, de luns a venres, entre o 1 de xullo e o 22 de agosto. O programa estrutúrase en catro quendas, cada unha con 75 prazas dispoñibles:

1ª quenda: do 1 ao 11 de xullo
2ª quenda: do 14 ao 24 de xullo
3ª quenda: do 28 de xullo ao 8 de agosto
4ª quenda: do 11 ao 22 de agosto

As familias interesadas poderán solicitar praza entre os días 9 e 11 de xuño, presentando a documentación necesaria presencialmente na oficina de Gaia ou enviándoa por correo electrónico ao enderezo gaia@burela.org. 

A listaxe provisional de persoas admitidas publicarase o 17 de xuño na web municipal (www.burela.org), abríndose despois un prazo de dous días naturais para posibles renuncias.

Como medida de inclusión, resérvanse 6 prazas por quenda para menores en situación de vulnerabilidade, sempre que esta se acredite cun informe dos Servizos Sociais municipais.

xoves, 5 de xuño de 2025

martes, 3 de xuño de 2025

Saída á Marosa

 Mañá 4 de xuño, se as condicións climatolóxicas o permiten, o alumnado de E. Primaria terá a Xornada de Convivencia nas instalacións deportivas da Marosa. 
Aconsellamos leven roupa deportiva, gorra e protección solar. 
Tamén deberán levar un tentempé e auga suficiente.