mércores, 2 de xullo de 2025

Despídome de vós

 Aquí remata a miña etapa como mestra de Infantil e Primara. Despois de 37 anos adicados ao que, para min, é o mellor traballo do mundo, é o momento de deixalo. 

Sei que o botarei de menos, pero levo comigo grandes lembranzas e sempre seredes "os meus nenos e as miñas nenas" (se me vedes saudádeme, porfa, é moi posible que non vos recoñeza).

Deséxovos que a vida vos depare moitos  éxitos e momentos marabillosos.  

Ata sempre !! 😘😘😘😘😘

Ningún comentario:

Publicar un comentario