Ala polo ano 1987, o escritor Manuel María visitou o noso centro e tamén escribiu esta carta.
Unha ex-alumna do cole, Lucía Bouza,tivo a ben compartila e contar a sua historia:
Hoxe, sen buscar, atopei isto que xa daba por perdido. É un poema que o gran Manuel María, en 1987, adicou á miña clase de 4°A do Virxe do Carme. Tal honra debeuse a que, grazas á amizade que a nosa profesora Xulia mantiña con el, adicamos varios días a traballar cos seus poemas. Cando rematamos, enviounos estas palabras dedicadas especialmente para nós, e incluso nos fixo unha chamada telefónica ao despacho de dirección. Lembro perfectamente todo aquelo, aínda que daquela non era consciente do privilexio que iso supoñía. Son unhas palabras emocionates. Estou moi contenta de atopar hoxe algo tan importante. 😊😊
Moitas Grazas Lucía por compartir este privilexio
Ningún comentario:
Publicar un comentario