A lenda:
A Santa Compaña está formada por almas que van en fila envoltas en sudarios coas mans frías e os pés descalzos. Cada pantama leva unha luz, o cheiro a cera e o vento lixeiro son os signos de que a lexión de pantasmas está a pasar. Diante vai un espectro máis grande, o Estadea. A veces levan un cadaleito no que vai un familiar do que está ao paso, este non tardará moito tempo en morrer.
Pode suceder que aquel que a atopa no seu camiño se vexa abrigado a seguir a procesión. Este pode transmitir o seu "emprego" se nunha das excursións lle pasa a luz que leva na man a otro mortal.
A explicación científica:
Fogos
fatuos: a reacción química da Santa Compaña. Os compostos orgánicos en
descomposición poden desprender enerxía en forma de luz. Por Manuel Rey
en GCiencia
O avance da ciencia e a tecnoloxía fixo diminuír en gran medida, a cantidade de fenómenos paranormais que moita xente aseguraba ter presenciado. Algunhas destas experiencias, vinculadas ao Samaín e ao Día de Defuntos, contan como os fogos fatuos, supostas ánimas dos mortos, alumeaban sobre o solo dos cementerios, desprendendo unha especie de charamela. Hai quen vía nelas á Santa Compaña, que se aparecía non só nos cemiterios, senón tamén no solo das brañas, ou por riba da auga dos lagos ou estanques. A literatura, a tradición oral e as lendas narran moitos casos desde hai centos de anos en Galicia.
A lenda era certa, mais non eran espíritos. O que vían estas persoas era unha reacción química que ten lugar en presenza de organismos en descomposición. Os fogos fatuos son pequenos escapes de gas metano que reacciona ao contacto co aire en determinadas condicións de temperatura e humidade.
Cando a materia orgánica (pode ser un corpo humano, animais, follas ou
plantas) situada baixo o terreo comeza a descompoñerse, as reaccións
químicas nas que participan compostos derivados do fósforo liberan metano, que adoita desprenderse paseniño cara o exterior. Ás veces, nalgunhas condicións, o terreo retén eses gases. Pero entón, un cambio de humidade, temperatura ou concentración pode facer que, de súpeto, saian á superficie, xerando unha reacción en forma de lapa azulada,
e que nalgúns casos tamén pode ser amarela, verdosa ou avermellada. Non
é propiamente un lume, xa que a súa temperatura é relativamente baixa, mais a reacción si desprende enerxía en forma de luz.
Amais, excepcionalmente, os fogos fatuos poden xerar un
efecto chamada noutros depósitos próximos destes mesmos gases, polo que poden perdurar durante
varios minutos.
Adoitan ser máis habituais en
zonas húmidas e con
moita materia orgánica, como as brañas, as turbeiras ou os estanques,
onde os procesos de putrefacción son máis rápidos. Pero tamén se poden
dar, como ben narra a tradición oral, no caso dos cemiterios, cando os
cadáveres eran sepultados
baixo o solo e os cadaleitos non illaban ben o proceso de descomposición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario