martes, 16 de outubro de 2018

Paco Nogueiras en Burela. Entrada Gratuita

O Sábado 20 de Outubro ás 18:00 horas terá lugar na Casa da Cultura de Burela "Radio Bulebule", un concerto infantil da man de Paco Nogueiras.
Radio Bulebule é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd editado por Kalandraka Galicia no que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos. Radio Bulebule defínese como unha radio itinerante, ambulante, cantante que transmite para o mundo en linguaxe universal. Dentro dela dín que soa todo o universo, porque dentro dela todo o universo é música. Paco Nogueiras convídavos a vivir a radio en direto nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións.
Actividade pertencente ao programa "Ler conta moito" da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

Ningún comentario:

Publicar un comentario