Cada 3 de decembro, Nacións Unidas convoca este Día Internacional das Persoas con Discapacidade.A través desta UNIDADE DIDÁCTICA con versión para o profesorado e para o alumnado, os Bolechas achéganlles aos nenos e nenas de 3 a 8 anos o mundo da discapacidade. O obxectivo desta proposta é que os cativos e cativas aprendan a comprender a diversidade do xénero humano e a mostrar actitudes de respecto e de empatía. Contén sinxelas explicacións e actividades en tres niveis diferentes de dificultade que se completan con divertidos xogos en liña. Son materiais didácticos froito da colaboración entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade)
Ningún comentario:
Publicar un comentario