O Apalpador é un un xigante carboeiro que descendía
das devesas na noite do 24 ou 31 de decembro, segundo a zona, para
visitar os nenos, tocándolles a barriga para ver se comeron abondo
durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente
algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e
fartura, murmurándolles “así estexas todo o ano”. A súa figura comezou a
popularizarse como símbolo do anticonsumismo no Nadal e para recuperar
os valores da tradición natalicia galega e confrontalo co importado Papa
Noël ou mesmo, coa figura dos Reis Magos.Na montaña lucense, principalmente, nos vales do Cebreiro, Courel, Louzara e Ancares, é onde pervive a figura deste vello e rexo carboeiro que apalpa a barriga dos nenos. Apalpador, Apalpa-Barrigas ou Pandigueiro é o nome que recibe esta pesonaxe que está ligada ás comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares, aínda que se está a recuperar en toda Galicia.
Canción de Paco Nogueiras en Brinca Vai: O Apalpador
Libro de Carlos Labraña: O Apalpador
Ningún comentario:
Publicar un comentario