sábado, 23 de febreiro de 2019

Día de Rosalía en Burela

 Delegacion de Cultura, Educación e Xuventude. Concello de Burela
 Lembrade que este Domingo 24 de Febreiro ás 20:00 horas dentro dos actos conmemorativos de Rosalía de Castro que organiza o Concello de Burela con motivo do 182 aniversario do nacemento da nosa poeta máis célebre proxectarase no Auditorio Municipal con entrada de balde o filme Contou Rosalía (2018), elaborado pola produtora Zenit TV e a TVG.
Unha longametraxe de 1 hora e 40 minutos de duración que conta cun elenco encabezado por Melania Cruz como Rosalía de Castro e Fran Lareu como Manuel Murguía. Tamén participan actores e actrices da talla de Celso Parada, Pepo Suevos,  Ledicía Sola, César Cambeiro, Tamara Canosa, Alejandro Jato, Josito Porto ou David Perdomo.
Non vos perdades unha película onde se mostra o lado máis intímo de Rosalía, unha muller namorada e apaixoada, adiantada ao seu tempo, feminista, decidida e desafiante ante calquer limitación, deixando atrais o estereotipo de figura triste e melancólica.
Unha produción que está nominada en 7 categorías nos XVII Premios Mestre Mateo que organiza a Academia Galega do Audiovisual, cuia gala de entrega terá lugar o Sábado 2 de Marzo no Palacio da Ópera da Coruña.
Imaxes da Rodaxe

Ningún comentario:

Publicar un comentario