venres, 10 de maio de 2019

9 de Maio. Día de Europa

O 9 de Maio de 1950, Robert Schuman Ministro francés de Asuntos Exteriores, presentou a proposta denominada "Declaración Schuman", para a creación dunha Europa organizada sobre unhas bases políticas comúns que buscaban unhas relacións pacíficas permanentes entre os diferentes países europeos.
Esa Declaración, en principio dirixida ás relacións entre Francia e Alemanía e á creación da Comunidade Europea do carbón e do aceiro, sentou as bases do que hoxe é Unión Europea. Na Cumbre de Milán de 1985, en ocasión do centenario do nacemento de Schuman, a Comisión Europea decidiu designar o 9 de maio como Día de Europa.
Fixemos un mural entre todo o cole
Letra Himno a la Alegría . Miguel Ríos

Ningún comentario:

Publicar un comentario