sábado, 11 de maio de 2019

Que son as caries?

A estudante de doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela Andrea Muras Mora, do grupo Aquabiotec do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía, foi seleccionada como finalista do concurso de monólogos científicos FameLab organizado pola FEYCIT, o British Council e Obra Social “la Caixa”.
A semifinal tivo lugar esta fin de semana en Sevilla, e nela participou Andrea xunto con outros11 participantes, seleccionados de entre máis de 70. O seu monólogo  ‘Las bacterias de mi boca’ trata da comunicación bacteriana, a placa dental e as enfermidades orais, tema da súa tese de doutoramento, que tamén foi recoñecido en 2016 nos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia da Real Academia Galega de Ciencias.
A final, con só oito participantes, terá lugar en Madrid o 14 de maio e o gañador ou gañadora representará a España na competición internacional que se celebrará en xuño durante o festival de ciencia de Cheltenham (Reino Unido)

Ningún comentario:

Publicar un comentario