O xurado dos Premios Mil Primaveras, logo de avaliar os 47 proxectos presentados a esta primeira edición, decidiu outorgar os seguintes premios:
Modelo Burela (como proxecto estabilizado),
Falemos de ti e min (como proxecto novo),
Desafío 48 h (pola súa comunicación e impacto),
Youtubeir@s (como proxecto máis innovador),
Eu presumo de galego (como proxecto destinado á mocidade) e
GCiencia (como proxecto dun ámbito sectorial).
Modelo Burela
Como mellor proxecto estabilizado recoñeceuse o
Modelo Burela (
IES Perdouro), por ser un proxecto de planificación lingüística que
aborda a acollida lingüística como estratexia de integración social
e implica a sociedade e o ámbito educativo nun labor conxunto de
promoción da diversidade cultural, nomeadamente no marco da lusofonía.
Hoxe as actividades máis significativas do Modelo Burela son o
Proxecto Neo, un programa de radio para dar a coñecer a incorporación á lingua galega de persoas que non a tiveron como primeiro idioma, ou
Grandes Voces do Noso Mundo,
unha emisión para tender pontes a través da música co noso mundo
lingüístico. O proxecto tamén inclúe outras accións como intercambios
educativos con centros con realidades lingüísticas semellantes,
programas de atención á diversidade ou intervencións destinadas á
cidadanía.
O Modelo Burela naceu en 2004 como unha intervención educativa co fin
de transformar os usos lingüísticos habituais tanto na comunicade
escolar coma no seu ambiente social máis inmediato. Os puntos fortes
deste proxecto son a
implicación social e educativa para crear un
contexto favorable á integración a través da lingua galega,
con modelos de educación inclusiva e referentes de interculturalidade.
Por outra parte, as actividades máis coñecidas do Modelo Burela, os
programas de radio Proxecto Neo e Grandes Voces do Noso Mundo (ambos
desde Radio Burela con reemisións noutras emisoras), alén de seren
actividades prácticas de aprendizaxe significativa que reforzan a
didáctica da lingua e a reflexión sociolingüística, chegan a través das
ondas e de Internet a outros contextos sociais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario