martes, 1 de decembro de 2020

Papá Noel

 Desde o Concello envíannos este mensaxe:

Este ano é diferente dos demais, sabemos que os nosos nenos e nenas non poderán sentarse no colo de Papá Noel para poder contarlle que é o que lles gustaría recibir do polo norte, e por ese motivo, tódolos nenos e nenas do noso concello que así o desexen, recibirán unha video chamada a través de WhatsApp para poder falar con el en persoa!!!! 🎅🏼🎅🏼🎅🏼
.
Os pais, nais ou titores legais soamente terán que seguir estes sinxelos pasos para solicitar a chamada: ☎️

1. Entrando nesta web www.nadal2020.es atoparás un apartado chamado «Rexistro». Nel deberás marcar o teu concello, Burela.

2. Unha vez marcado o concello, seguirás os pasos necesarios para inscribir ao neno ou á nena. Lembra que podes comentar algo que consideres importante para que Papá Noel o lembre antes de falar co pequeno ou pequena.

3. Despois do rexistro persoal e de marcar a data e a hora lembra que: Terás que ter dispoñible o teléfono móbil que rexistraches o día e á hora marcada.
.
Se por casualidade non fose posible contactar contigo porque o teléfono nese momento está apagado ou fóra de cobertura, tentarano de novo ao finalizar a xornada.
.
É posible que Papá Noel 🎅🏼 sufra algún leve atraso, non te preocupes, iso é porque sodes moitos e encántalle falar.
.
E no caso de que non dispoñas de conexión, que non saibas rexistrarte, que o teu móbil non teña WhatsApp, etc. non te preocupes, porque dende o Concello imos encargarnos de que ningún neno ou nena quede sen a súa chamada por este motivo.
.
#nadaldiferente #osnosospequenosmerecenomellor #burela

Ningún comentario:

Publicar un comentario