xoves, 18 de agosto de 2022

A Xunta incorpora 15 novos centros ao programa ‘Educación responsable’ de desenvolvemento emocional, social e creativo

 O próximo curso un total de 15 novos centros educativos vanse incorporar ao programa Educación Responsable que ten como obxectivo o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade, e que se realiza en colaboración coa Fundación Botín. Na actualidade están a traballar esta iniciativa 71 centros de ensino aos que se sumarán os novos seleccionados.
Entre eses centros están o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme e o IES Perdouro.
Máis información

Ningún comentario:

Publicar un comentario