domingo, 25 de setembro de 2022

🌈 O Sábado 15 de Outubro ás 18:00 horas terá lugar na Casa da Cultura de Burela a representación de "Historias de Bemol Pequeno" de Música Miúda, un contacontos musicado recomendado para nenos e nenas a partir de 3 anos.
Un espectáculo que presenta conceptos básicos da música como o volume, o ton, as familias de instrumentos, as notas musicais. Cada unha delas inclúe un conto e unha canción, que se executan en directo para que o público infantil participe e aprenda nunha contorna lúdica e participativa. A entrada será de balde.

Ningún comentario:

Publicar un comentario