luns, 24 de outubro de 2022

7ª Festa da Castaña. Día 12 de novembro na Praza da Mariña

 A Delegación de Cultura, Educación e Xuventude - Concello de Burela organiza a 7ª Festa da Castaña que terá lugar na Praza da Mariña o Sábado 12 de Novembro

De 17:00 a 20:00 horas haberá un Obradoiro de Confección de Zonchos e Chapas. As inscricións poden facerse presencialmente na Oficina de Medioambiente sita na Antiga Praza de Abastos ou telefónicamente chamando ao 647 136673. 

Ás 19:00 horas comezará o reparto de cornetes de castañas, bolos preñados e viño por 2'5 euros. 

 Ás 19:30 horas o contacontos Anxo Moure representará o espectáculo "Un castiñeiro con botas. Unha árbore ven a vernos". 

Ás 20:30 horas gozaremos de música tradicional a cargo da A.C.M. Dámbara. 

 Ás 21:00 horas será o sorteo dun vale de 25 euros no BoasMigas, dunha comida para 2 persoas no Restaurante O Sargo e de varios vales da ACIA Burela.

Ningún comentario:

Publicar un comentario