🐢O día 24 celebrouse o
Día das Bibliotecas Escolares. Este ano coincidiu en luns e no noso
cole ocorreu algo moi especial para a celebración. Durante ese día Carmiña, a nosa mascota, saíu a pasear polo cole e realizar algunhas
actividades para inaugurar a biblioteca escolar
deste curso.
Cóntovos:
- Contou a súa historia ao alumnado de 6° de Infantil e de 1° de Primaria.
- Visitou as diferentes clases do cole repartindo as mochilas viaxeiras.
-Xunto co alumnado que visitou a biblioteca, fixemos un xogo con
globos para recoñecer o código de cores dos libros axeitados para cada
idade.
Os nenos e nenas estaban tan entusiasmados que non puideron resistirse a ler un libro!!
Aquí vos deixo un vídeo con imaxes deses momentos tan especiais e espérovos axiña na nosa biblioteca. No Blog da biblioteca podemos ver máis fotos
E lembrade: Un libro, unha emoción!! A descubrir a emoción da lectura!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario