sábado, 10 de decembro de 2022

O Apalpador

 O Apalpador, unha figura mítica da tradición galega que estaba ao límite da desaparición e que está sendo recuperada nos útimos anos grazas a intensa campaña realizada por un grupo de investigadores e profesores.

O Apalpador é un un xigante carboeiro que descendía das devesas na noite do 24 ou 31 de decembro, segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles a barriga para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles “así estexas todo o ano”. A súa figura comezou a popularizarse como símbolo do anticonsumismo no Nadal e para recuperar os valores da tradición natalicia galega e confrontalo co importado Papa Noël ou mesmo, coa figura dos Reis Magos.
Na montaña lucense, principalmente, nos vales do Cebreiro, Courel, Louzara e Ancares, é onde pervive a figura deste vello e rexo carboeiro que apalpa a barriga dos nenos. Apalpador, Apalpa-Barrigas ou Pandigueiro é o nome que recibe esta pesonaxe que está ligada ás comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares, aínda que se está a recuperar en toda Galicia.

Canción de Paco Nogueiras en Brinca Vai: O Apalpador
Canción da Gramola Gominola: O Apalpador
Libro de  Carlos Labraña: O Apalpador

Ningún comentario:

Publicar un comentario