mércores, 25 de xaneiro de 2023

Actividade da Federación Española de Fútbol Sala para 3º curso

 Esta fin de semana (28 e 29 de xaneiro) celébrase en Burela a Supercopa de España de Fútbol Sala Feminino. No programa de actividades previo á disputa dos partidos, a Federación Española de Fútbol Sala organiza unha actividade para o alumnado de 3º de E. P. de Burela, o venres á maña. 
Se a meteoroloxía o permite, a actividade levarase a cabo na Praza de A Mariña. En caso contrario realizarase no pavillón dos Castros. Esta actividade ten por obxectivo fomentar e dar a coñecer o fútbol sala entre os nenos/as do CEIPP Virxe do Carme e o CEIPP Vista Alegre que realizarán as actividades mesturados, favorecendo así a socialización e a convivencia entre eles. 
Esta xornada estará integrada no Plan de Vida Activa e Deportiva (PLAN PROXECTA). É necesario firmar unha autorización, que mandaremos proximamente,  para o uso de imaxe.
 A actividade será de 09:30 a 11:20 para 3ºA e de 11:30 a 13:20 para 3ºB.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario