Según Faro Ocio Norte, os Reis Magos visitarán o 5 de xaneiro
a residencia de maiores e a zona infantil do Hospital da Costa. E
despois será a Cabalgata.
A comitiva partirá ás sete da tarde da rúa do Ril,
pasando por Arcadio Pardiñas, Eijo Garay, Rosalía de Castro, Curros
Enríquez e Pardo Bazán. Rematará cunha visita ao belén
vivinte, da praza da Mariña, onde as súas Maxestades
recollerán os encargos. Previamente visitarán a
Residencia de Maiores e a zona infantil do Hospital da Costa e á chegada
dos Reis á praza haberá unha rosconada organizada por CCA Burela, na
que haberá premios e sorteos.
A Cabalgata está organizada por Ledicia co
patrocinio do Concello de Burela e a colaboración de Sala-5, que
engadirá unha novidade ao tradicional desfile.
Ningún comentario:
Publicar un comentario