xoves, 26 de outubro de 2023

Proxecto Neo

O alumnado de 4º  iniciamos a nosa participación na radio este curso. A nosa aparición é no minuto 2,20

  Podedes escoitar Proxecto Neo de Modelo Burela en Radio Foz e Radio Valadouro na Mariña, Cuac FM na Coruña, Radio Filispín no Ferrol, xente de Teo en Compostela e Radio Piratona en Vigo
 
Emítese, desde Navia ata Viveiro, os xoves de 18:00 a 19:00 e podes escoitalo  no 107.4
Se vives no Valadouro, os venres de 17:00 a !8:00
"Na cabeceira do programa 395 recollemos dúas terroríficas apócemas que nos enviou o alumnado da Escola dos Castros. Inicialmente tivemos moito medo, mais pouco tempo nos durou no corpo: a música da Mayra Andrade foi terapéutica e a través dela conseguimos o antídoto contra o arrepío.A primeira convidada no estudio foi Ana Moura, integrante do grupo de batukadeiras Nós Herança. Na segunda parte falamos con Luís Roberto Prado Díaz, psicólogo pola Universidade Andrés Bello, da Venezuela. O noso convidado, con raíces galegas, estivo por primeira vez na nosa terra en 2021, xusto antes de se deslocar á Dinamarca. Agora traballa no aeroporto internacional de Copenhague."

Ningún comentario:

Publicar un comentario