Mañá xoves 13 de xuño, se as condicións climatolóxicas o permiten, o alumnado e profesorado do cole faremos a "Xornada de Convivencia" no campo da Marosa.
Será unha mañá de xogos en grupo, merenda e diversión.
Sairemos camiñando do centro sobre as 9:00h e regresaremos ás 14:00h.
Recoméndase levar roupa e calzado cómodo, un chubasqueiro, auga
suficiente e merenda de media mañá. É moi importante que leven posta
PROTECCIÓN SOLAR e gorra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario