mércores, 20 de novembro de 2024

Proxecto OS CASTROS: Un nome misterioso. O castro de Viladonga

 O castro de Viladonga é  castro característico do noroeste, con varias murallas e fosos, vivendas, currais, 
almacéns, algún edificio de uso social ou comunal etc.; agrupados formando "barrios" que están en torno a dúas rúas principais e un camiño  paralelo á muralla principal.
 O castro de Viladonga tivo unha ocupación duradeira e importante, sobre todo entre os séculos II e V e un sitio ideal para coñecer, estudar e comprender a o mundo dos castros e o ámbito rural na etapa galaico-romana.
 No museo próximo ao castro están expostos no seu propio contexto os  materiais aparecidos nas escavacións feitas desde 1972. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario