A borrasca 'Ivo' afectará durante este mércores a Galicia e a Xunta activou a alerta laranxa por vento na Mariña de Lugo.
Ademais, a Comisión Escolar de Alertas decidiu suspender as clases durante toda a xornada do día 29 nos concellos de Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, O Valadouro, O Vicedo, Ribadeo, Trabada, Viveiro e Xove.
Tamén estará activo o aviso de nivel laranxa en todo o litoral galego por temporal costeiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario