mércores, 12 de xaneiro de 2022

Casos positivos no centro

 Debido a que na maioría das aulas hai algún caso positivo en Covid, pregamos ás familias extremen as precaucións. Infórmase que no documento aprobado o 08.01.22 pola Comisión de Saúde do Consello Interterritorial, as actuacións ante sospeita ou confirmación de positivos son:
- Os casos positivos confirmados non acudirán ao centro e permanecerán en illamento un mínimo de 7 días. Deberán estar 3 días sen síntomas para voltar ao colexio.
 - Despois dos 7 días de illamento deberán evitar no posible as interaccións sociais (actividades extraescolares, comedor, parque...) durante 3 días. 
- O alumnado que conviva con un positivo deberá facer unha corentena de 7 días e durante 3 máis evitar contactos sociais. Si mestres está en corantena aparecen síntomas e se confirma o positivo, deberá confinarse como un caso positivo novo.
 - Cando un alumno/a ou un convivinte sexa positivo avisarán canto antes ao centro educativo. 
Moitas grazas pola comprensión e colaboración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario