domingo, 9 de xaneiro de 2022

Recomendacións para o inicio do cole

 Dada a situación sanitaria actual o centro continuará coa aplicación estrita do Protocolo COVID aprobado en setembro. Agradecemos a todas as familias a colaboración que houbo no cumprimento das normas sanitarias e estamos seguros que continuaredes coa mesma responsabilidade e precaución que tivestes ata agora. 
 
Para que todo siga o mellor posible recordamos as obrigas e recomendacións básicas:
 - Lembrádelles aos vosos fillos e as vosas fillas que manteñan a separación nas entradas e saídas e que se manteña a distancia mentres non se abran as cancelas. 
- No caso de que os nenos e nenas teñan algún síntoma compatible co COVID, non envialos ao cole e poñerse en contacto coas autoridades sanitarias e co centro educativo.
 - Se algún membro da familia ten sospeita de ser positivo ou está en espera de resultados de PCR non enviar ao neno ou nena á clase. 
Moitas grazas pola colaboración. 
Entre todos e todas faremos o posible para minimizar as consecuencias da situación sanitaria.
 Moito ánimo e bo ano!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario