Amosando publicacións coa etiqueta Educación Física. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Educación Física. Amosar todas as publicacións

venres, 2 de xuño de 2023

2º Reto de Bonitiño: Adopta a un sedentario

    

 

 

        O martes falaremos do reto                                               

mércores, 31 de maio de 2023

Piragüismo

 
Aurora presentounos a  Ramón  que é da Federación de Piragüismo, aprendemos moito deste deporte, do que sabiamos moi pouco. 

xoves, 2 de marzo de 2023

Formación para as familias "Hábitos saudables e actividade física"

 Nova actividade dentro do noso Proxecto de Vida Activa e Deportiva, do Plan Proxecta do centro. Continuamos coas formacións para as familias. 
Iniciamos o curso pasado co tema "Alimentación saudable", dirixida por Saray Río de @nutretuplato. 
Este curso teremos a @brunooroza_entrenador personal, impartindo formación sobre "Hábitos saudables e actividade física" ás familias do noso centro.
 A formación terá lugar o vindeiro venres 3 de marzo, en horario de maña, no Salón de actos do CEIPP Virxe do Carme de 09:15 a 10:45 h
Esperamos que acudan moitos papás e moitas mamás para aprender e pasar un rato agradable. Vide preparados con roupa cómoda xa que haberá parte práctica.
 Animádevos a participar!!!!!

Xogos cooperativos: cohesión grupal e traballo en equipo

 
A Universidade de Santiago de Compostela en colaboración co CD Burela FS e o Concello de Burela, no marco do programa "Corresponsables", poñen en marcha a actividade XOGOS COOPERATIVOS: COHESIÓN GRUPAL E TRABALLO EN EQUIPO. 
Está dirixida a nenos e nenas entre 6 e 16 años. Traballaranse contidos relacionados cos valores do deporte a través de dinámicas lúdicas. 
 A xornada celebrarase o próximo domingo, día 5, a partir das 16:30h no pavillón Monte Castelo. É de carácter gratuito e require inscrición previa a través deste enlace
 
Importante: Inscrición regulada por franxas de idade. Prazas limitadas a 50 nenos/as por grupo. Participade!!!

mércores, 25 de xaneiro de 2023

Actividade da Federación Española de Fútbol Sala para 3º curso

 Esta fin de semana (28 e 29 de xaneiro) celébrase en Burela a Supercopa de España de Fútbol Sala Feminino. No programa de actividades previo á disputa dos partidos, a Federación Española de Fútbol Sala organiza unha actividade para o alumnado de 3º de E. P. de Burela, o venres á maña. 
Se a meteoroloxía o permite, a actividade levarase a cabo na Praza de A Mariña. En caso contrario realizarase no pavillón dos Castros. Esta actividade ten por obxectivo fomentar e dar a coñecer o fútbol sala entre os nenos/as do CEIPP Virxe do Carme e o CEIPP Vista Alegre que realizarán as actividades mesturados, favorecendo así a socialización e a convivencia entre eles. 
Esta xornada estará integrada no Plan de Vida Activa e Deportiva (PLAN PROXECTA). É necesario firmar unha autorización, que mandaremos proximamente,  para o uso de imaxe.
 A actividade será de 09:30 a 11:20 para 3ºA e de 11:30 a 13:20 para 3ºB.  

martes, 3 de xaneiro de 2023

Rutas en bici


Mañá mércores 4 haberá Rutas en Bici, de 10:00 a 13:00.
Tes que ter de 9 a 16 anos 
⏰ Saída ás 10h 
📍Praza do Concello

mércores, 28 de setembro de 2022

Club de Atletismo Ría de Foz

 
Hoxe visitáronnos os do club de atletismo de Foz. Practicamos algunha modalidade e aprendemos cousas novas deste deporte

luns, 30 de maio de 2022

Visita do Burela Futbol Sala

 
 Hoxe visitáronnos no cole algúns xogadores e xogadoras do Burela, falaron con nón, firmáronnos autografos e fixemos actividades con eles.

xoves, 14 de maio de 2020

Os desafíos de Educación Física

Tedes aquí os videos do desafío dos circuitos e do desafío de acrosport!!!

Video circuito

Video acrosport

  Moitas grazas a todo@s por participar!!!

venres, 8 de maio de 2020

Xogos Olímpicos da Mariña

Xa podemos ver os nosos xogos olímpicos:
Olimpiadas de 3º e 4º
Nos seguintes enlaces podedes ver unha selección feita entre os diferentes colexios que participaron neste proxecto:
Bronce
Prata
Ouro

mércores, 29 de abril de 2020

luns, 27 de abril de 2020

Desafío: “XOGOS OLÍMPICOS”

 
Aurora envíanos un novo desafío: Imos  celebrar o día da Educación Física na casa (28 de abril). Podedes enviarlle o voso video as titoras ou a Aurora.
aurorameitin@gmail.com