Amosando publicacións coa etiqueta Vacacións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Vacacións. Amosar todas as publicacións

mércores, 2 de xullo de 2025

Despídome de vós

 Aquí remata a miña etapa como mestra de Infantil e Primara. Despois de 37 anos adicados ao que, para min, é o mellor traballo do mundo, é o momento de deixalo. 

Sei que o botarei de menos, pero levo comigo grandes lembranzas e sempre seredes "os meus nenos e as miñas nenas" (se me vedes saudádeme, porfa, é moi posible que non vos recoñeza).

Deséxovos que a vida vos depare moitos  éxitos e momentos marabillosos.  

Ata sempre !! 😘😘😘😘😘

Verán


 

Feliz verán , disfrutade de cada instante, divertídevos e pasádeo moi ben. 

Ánimo para o proximo curso.

martes, 24 de xuño de 2025

Notas



 Mañá, mércores día 25, podedes pasar a recoller as notas en papel as persoas que o solicitastes, na nosa aula de 3º A de 11:00 a 13:00 horas.

sábado, 7 de xuño de 2025

Concello de Burela: ‘Somos Verán’

Volve para  este verán o programa municipal “Somos Verán”,  desenvolverase nas instalacións do CEIP Os Castros en horario de mañá, de 9:00 a 13:30 horas, de luns a venres, entre o 1 de xullo e o 22 de agosto. O programa estrutúrase en catro quendas, cada unha con 75 prazas dispoñibles:

1ª quenda: do 1 ao 11 de xullo
2ª quenda: do 14 ao 24 de xullo
3ª quenda: do 28 de xullo ao 8 de agosto
4ª quenda: do 11 ao 22 de agosto

As familias interesadas poderán solicitar praza entre os días 9 e 11 de xuño, presentando a documentación necesaria presencialmente na oficina de Gaia ou enviándoa por correo electrónico ao enderezo gaia@burela.org. 

A listaxe provisional de persoas admitidas publicarase o 17 de xuño na web municipal (www.burela.org), abríndose despois un prazo de dous días naturais para posibles renuncias.

Como medida de inclusión, resérvanse 6 prazas por quenda para menores en situación de vulnerabilidade, sempre que esta se acredite cun informe dos Servizos Sociais municipais.

domingo, 5 de xaneiro de 2025

Noite de Reis

O Concello de Burela recibe este domingo, 5 de xaneiro, a visita das súas maxestades, os Reis Magos de Oriente.

🐪Melchor, Gaspar e Baltasar sairán ás 19:00 horas da rúa do Ril e o percorrido rematará na praza da Mariña.
 
 Na  carpa da Praza da Mariña, haberá unha  rosconada e chocolatada. 

Según aclara a alcaldesa: "En función das condicións meteorolóxicas, o Concello informará  dos posibles cambios no percorrido da cabalgata. No caso de alerta amarela
ou laranxa, só se  realizará a recepción na carpa".

martes, 31 de decembro de 2024

Ano 2025

                                                       

mércores, 3 de xullo de 2024

Cine na rúa en Burela


 En Burela teremos este verán unha nova edición de Cine na Rúa, que incluirá, ademais de varias películas, a retransmisión  do programa Gran Prix (animádevos a asistir vestindo roupa azul, que é a cor coa que participará o noso equipo)
 
 Venres 5 de xullo de 2024, ás 22:30 horas na Praza da Mariña. EL GATO CON BOTAS: EL ÚLTIMO DESEO

Venres 12 de xullo de 2024, ás 22:30 horas na Praza do Concello. AS NEVES

Venres 19 de xullo de 2024, ás 22:30 horas na Praza das Casas Baratas. LA SIRENITA

Venres 23 de agosto de 2024, ás 22:30 horas na Praza do Concello. PERSIGUIENDO MAVERICKS

Venres 30 de agosto de 2024, ás 22:30 horas na Praza da Mariña. CAMPEONES.

venres, 5 de xaneiro de 2024

domingo, 24 de decembro de 2023

Boas Festas


Quero desexarvos unha magníficas vacacións.

 Disfrútade destas festas en boa compañía.


Un bico moi forte