Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Neo Modelo Burela. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto Neo Modelo Burela. Amosar todas as publicacións

venres, 17 de maio de 2024

Letras Galegas. Recitado de poemas

 

Os nosos compañeiros de 6º de E. Infantil recitan poesías en Proxecto Neo👏👏👏. 
 
 Para escoitalo, pica neste enlace

mércores, 24 de xaneiro de 2024

Proxecto Neo

 Na nosa intervención en Proxecto Neo podemos escoitar a entrevista (minuto 4) que lle fixemos a María Quintana Sanjurjo, alumna de 4º B, nela falounos do libro "Donny y la isla de los olvidados" que escribiron o seu pai e ela, tamén nos contou algo dos seus novos proxectos literarios.
 Podedes escoitar o programa AQUÍ

xoves, 21 de decembro de 2023

Proxecto Neo


 Neste programa 403, o derradeiro do ano 2023, hai tres colaboracións da Escola dos Castros: unhas adiviñas, un poema adicado ao Apalpador e unha canción de Nadal interpretada e gravada no colexio.
Escoitao   AQUÍ
 
 
Xunto con Penabade están Hugo, Sara, Izan e Germán, falando dos seus recordos do colexio

xoves, 26 de outubro de 2023

Proxecto Neo

O alumnado de 4º  iniciamos a nosa participación na radio este curso. A nosa aparición é no minuto 2,20

  Podedes escoitar Proxecto Neo de Modelo Burela en Radio Foz e Radio Valadouro na Mariña, Cuac FM na Coruña, Radio Filispín no Ferrol, xente de Teo en Compostela e Radio Piratona en Vigo
 
Emítese, desde Navia ata Viveiro, os xoves de 18:00 a 19:00 e podes escoitalo  no 107.4
Se vives no Valadouro, os venres de 17:00 a !8:00
"Na cabeceira do programa 395 recollemos dúas terroríficas apócemas que nos enviou o alumnado da Escola dos Castros. Inicialmente tivemos moito medo, mais pouco tempo nos durou no corpo: a música da Mayra Andrade foi terapéutica e a través dela conseguimos o antídoto contra o arrepío.A primeira convidada no estudio foi Ana Moura, integrante do grupo de batukadeiras Nós Herança. Na segunda parte falamos con Luís Roberto Prado Díaz, psicólogo pola Universidade Andrés Bello, da Venezuela. O noso convidado, con raíces galegas, estivo por primeira vez na nosa terra en 2021, xusto antes de se deslocar á Dinamarca. Agora traballa no aeroporto internacional de Copenhague."

xoves, 16 de febreiro de 2023

Proxecto Neo

Compartimos cos amigos de Proxecto Neo os nosos poemas (minuto 3:45) e celebramos con eles o Día da Radio

 

Proxecto Neo emítese en Radio Burela FM 107.7  Tamén o podemos oir en Cuac FM da Coruña, en Radio Filispín nas terras do Ferrol,  Xente de Teo nas terras de Santiago de Compostela e Radio Piratona de Vigo.

xoves, 15 de decembro de 2022

Proxecto Neo

 Participamos unha vez máis en Proxecto Neo para recitar unha poesía de Reis. Incorporouse neste programa María Quintana Sanjurjo, con ela falaron a partir do minuto 6.
 
 Proxecto Neo emítese en Radio Burela FM 107.7, tamén o podemos oir en Cuac FM da Coruña, en Radio Filispín nas terras do Ferrol e de Xente de Teo nas terras de Santiago de Compostela.

Moitísimas grazas xente de Proxecto Neo polas vosas palabras. Un pracer colaborar con vós e aos meus alumnos, que dicir? Quérovos😘😘😘😘

sábado, 5 de novembro de 2022

Proxecto Neo

 Este curso inícianse como novos presentadores de Proxecto Neo os nosos compas de 6º do curso pasado. É unha maravilla escoitar as súas entrevistas, Encántannos que sexan a nova masa coral.



xoves, 27 de outubro de 2022

Proxecto Neo

Onte participamos por primeira vez no programa de radio de Proxecto Neo, a nosa aparición é no minuto 8, pero, por favor, escoitade todo o programa. 
Xa sabiamos que Carmen e Sara, as nosas compañeiras se uniran a esta aventura da radio, pero agora enterámonos que tamén Breogán F. Bouza, David L. Casas e Hugo F. Galdo. Entrevístannos neste programa, están xeniais.

 

Proxecto Neo emítese en Radio Burela FM 107.7, tamén o podemos oir en Cuac FM da Coruña, en Radio Filispín nas terras do Ferrol e de Xente de Teo nas terras de Santiago de Compostela.

domingo, 9 de outubro de 2022

O presidente da Real Academia Galega visita Burela para compartir unha xornada coa comunidade neofalante

  O Presidente da Academia Galega, Víctor F. Freixanes, visitará Burela o vindeiro martes 11 de outubro,  arredor das 11:30 da mañá, co obxectivo de coñecer a iniciativa educativa Modelo Burela e compartir unha xornada coa comunidade neofalante, moi especialmente coa Masa Coral do programa radiofónico Proxecto Neo.
 

martes, 6 de setembro de 2022

Proxecto Neo na tvg

 
Gran momento  para o profe Penabade na tvg, neste programa recibe unha merecida homenaxe por parte dos seus alumnos e alumnas.
Tamén podemos ver a profe Karina Parga falándonos de Proxecto Neo
 

xoves, 28 de abril de 2022

Día do Libro. Proxecto Neo

Participamos no programa de Proxecto Neo en Radio Burela, lendo o primeiro capítulo do Quixote en galego. Nós saímos no minuto 3, só puxeron un pouco, era demasiado longo, duraba 20 minutos. O programa está xenial, recomendamos oílo todo.
 

Proxecto Neo emítese en Radio Burela FM 107.7 os mércores de 5 a 6 da tarde, tamén o podemos oir en Cuac FM da Coruña e  en Radio Filispín nas terras do Ferrol.

xoves, 16 de decembro de 2021

Proxecto Neo. Radio Burela. Nadal

Onte puidemos oirnos en Radio Burela, no programa Proxecto Neo (minuto 3:50). Coma sempre, aconsello escoitar todo o programa
 
Proxecto Neo emítese en Radio Burela FM 107.7, tamén o podemos oir en Cuac FM da Coruña e  en Radio Filispín nas terras do Ferrol.

mércores, 23 de xuño de 2021

Proxecto Neo

 Abre o programa coa nosa canción Fago o camiño e no minuto 34 emiten O Rock éche moi guai.
 
Proxecto Neo emítese en Radio Burela FM 107.7, tamén o podemos oir en Cuac FM da Coruña e  en Radio Filispín nas terras do Ferrol.

mércores, 9 de xuño de 2021

Proxecto Neo. Dígocho eu

Unha vez máis participamos en Proxecto Neo. No minuto 2:40, emítense os "dígocho eu" de 3º e 4º

 

Proxecto Neo emítese en Radio Burela FM 107.7, tamén o podemos oir en Cuac FM da Coruña e  en Radio Filispín nas terras do Ferrol.

mércores, 12 de maio de 2021

Proxecto Neo. Radio Burela. Letras Galegas

Hoxe en Proxecto Neo emitiron  a nosa lectura do primeiro capítulo do libro "Non te amola!" de   Xela Arias, no minuto 3.
  
 Proxecto Neo  é un programa educativo que  podemos oir  en Radio Burela Fm 107.7,  os mércores de 17:00 a 18:00. Tamén podemos oilo en Cuac FM da Coruña e en Radio Filispín nas terras do Ferrol. 

mércores, 21 de abril de 2021

Proxecto Neo. Haikus

Hoxe en Proxecto Neo emitiron os haikus que fixemos para conmemorar o Día do Libro, no minuto 2.

Proxecto Neo  é un programa educativo que  podemos oir  en Radio Burela Fm 107.7,  os mércores de 17:00 a 18:00. Tamén podemos oilo en Cuac FM da Coruña e en Radio Filispín nas terras do Ferrol.

sábado, 27 de febreiro de 2021

Proxecto Neo. Día de Rosalía de Castro

O longo deste programa especial adicado a Rosalía de Castro temos o recitado de varios poemas nas voces de alumnos e alumnas de 6º curso do Colexio Virxe do Carme.

Programa educativo que tamén podemos oir en Cuac FM da Coruña e en Radio Filispín nas terras do Ferrol.

mércores, 23 de decembro de 2020

Felicitamos o Nadal en Proxecto Neo

Atentos a este programa especial. A nosa felicitación aparece no minuto 2, coma sempre recomendamos escoitar todo o programa.
Programa que tamén podemos oir en Cuac FM da Coruña e en Radio Filispín nas terras do Ferrol.

mércores, 25 de novembro de 2020

A nosa primeira colaboración en Proxecto Neo

Un programa estupendo, nos falamos no minuto 2:27, pero recomendamos oilo todo. 

  

Programa que tamén podemos oir en Cuac FM da Coruña e en Radio Filispín nas terras do Ferrol.

mércores, 14 de outubro de 2020

Nova etapa de Proxecto Neo

 Abrindo a nova etapa de Proxecto Neo, en Radio Burela, Pepa, a nosa directora. Programa que tamén podemos oir en Cuac FM da Coruña e  en Radio Filispín nas terras do Ferrol.