Dereitos de imaxe e autor:
Se algunha das imaxes, sons ou contidos que aparecen no blog están suxeitas a dereitos de autor, comuníqueo canto antes e serán eliminadas inmediatamente.
ETIQUETAS
Arquivo
Biblioteca da Tartaruga
Celebracións
Desafíos
Días do Libro da Poesía e do Cómic
Dinamización Lingüística
Educación Física
Entroido
Gaia
Informática
Letras Galegas
Linguas 3º
Linguas 4º
Magosto
Matemáticas 3º
Matemáticas 4º
Música
Nadal
Natureza 3º
Natureza 4º
Nós nos medios de comunicación
Os Castros
Paz
Plástica 3º
Plástica 4º
Polos Creativos
Proxecto Competencial
Proxecto Neo Modelo Burela
Rosalía de Castro
Saídas 3º
Saídas 4º
Samaín
Semana da Prensa
Sociais 3º
Sociais 4º
Vacacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía de Castro b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía de Castro b>. Amosar todas as publicacións
venres, 21 de febreiro de 2025
mércores, 19 de febreiro de 2025
Día de Rosalía. Ensaiamos a canción do día 21
O venres 21 de febreiro actuaremos no pavillón, cos compañeiros de 5º e 6º, dirixidos por David, na hora de ler, para conmemorar o Día de Rosalía, lembrade ensaiaredes a canción na clase de música. Se queredes ensaiar na casa, deixovos aquí a canción.
luns, 17 de febreiro de 2025
23 de febreiro. Día de Rosalía de Castro
Este venres 21 de febreiro, terá lugar a partir das 11:00 un acto no auditorio da Casa da Cultura de Burela, coa participación dos centros educativos.
O alumnado da Escola
Municipal de Música e dos colexios CEIPP Vista Alegre e o
CEIPP Virxe do Carme interpretará cancións que musican textos da
escritora.
Logo os rapaces e rapazas dos IES Perdouro e do IES Monte Castelo lerán diversos textos de Rosalía, así como un manifesto a prol da lingua galega.
luns, 10 de febreiro de 2025
Rosalía de Castro
Canto sabes de Rosalía de Castro? Fai o test. Ollo! ten publicidade.
venres, 23 de febreiro de 2024
Rosalía de Castro. 23 de febreiro
Celebramos o día da nosa grande escritora, Rosalía de Castro.
Regalamos e recibimos como agasallo un poema, da man dun compa da clase
martes, 20 de febreiro de 2024
venres, 24 de febreiro de 2023
Día de Rosalía de Castro
Hoxe celebramos o Día de Rosalía de Castro, fixémolo cos compañeiros e compañeiras do Vista Alegre. O alumnado de 6º dos dous coles actuaron xuntos cantando "No bico un cantar", coordinados polos profes de música, Roberto e Mario, estiveron no Vista Alegre e despois no noso cole.
Os de 3º A fixeron a presentación de Rosalía e recitaron uns poemas
xoves, 23 de febreiro de 2023
Celébrase no noso concello o día de Rosalía
O Concello repartirá nos centros de ensino marcapáxinas para celebrar o Día de Rosalía. Haberá tamén un obradoiro creativo e unha actuación de Arume.
O obradoiro creativo que denominan A
miña Rosalía tratarase de decorar unha imaxe de Rosalía de Castro
utilizando diversos materiais, como plastilina, papel, cores, abelorios.
Está enfocado a nenos e nenas de 3 a 12 anos e farase o día 23, a través de
Gaia. Será na Casa da Cultura entre as 16:30 e as 19:00 horas. Durante
ese tramo horario poden pasarse cando queiran os nenos, daranlles un
pequeno agasallo aos participantes e despois todas esas creacións de
Rosalía expoñeranse durante unha semana na Casa da Cultura para que as poidan ver eles, as súas familias e toda a veciñanza de Burela”.
A actuación do grupo Arume será ás 18:30, diante da Casa Concello, onde está
despregada a pancarta de Rosalía. En caso de chuvia a actuación trasladarase á Praza de Abastos.
mércores, 23 de febreiro de 2022
xoves, 17 de febreiro de 2022
Rosalía de Castro
Hoxe celebramos todos xuntos no patio o Día de Rosalía de Castro, ainda que o seu día é o 23. Fixémolo hoxe para que non nos coincida co Entroido.
mércores, 16 de febreiro de 2022
23 de febreiro. Día de Rosalía de Castro
Canto sabes de Rosalía de Castro? Fai o test. Ollo! ten publicidade.
sábado, 27 de febreiro de 2021
Proxecto Neo. Día de Rosalía de Castro
O longo deste programa especial adicado a Rosalía de Castro temos o recitado de varios poemas nas voces de alumnos e alumnas de 6º curso do Colexio Virxe do Carme.
Programa educativo que tamén podemos oir en Cuac FM da Coruña e en Radio Filispín nas terras do Ferrol.venres, 19 de febreiro de 2021
xoves, 27 de febreiro de 2020
mércores, 19 de febreiro de 2020
sábado, 23 de febreiro de 2019
Día de Rosalía en Burela
Delegacion de Cultura, Educación e Xuventude. Concello de Burela
Lembrade que este Domingo 24 de Febreiro ás 20:00 horas dentro dos actos conmemorativos de Rosalía de Castro que organiza o Concello de Burela con motivo do 182 aniversario do nacemento da nosa poeta máis célebre proxectarase no Auditorio Municipal con entrada de balde o filme Contou Rosalía (2018), elaborado pola produtora Zenit TV e a TVG.
Unha longametraxe de 1 hora e 40 minutos de duración que conta cun elenco encabezado por Melania Cruz como Rosalía de Castro e Fran Lareu como Manuel Murguía. Tamén participan actores e actrices da talla de Celso Parada, Pepo Suevos, Ledicía Sola, César Cambeiro, Tamara Canosa, Alejandro Jato, Josito Porto ou David Perdomo.
Non vos perdades unha película onde se mostra o lado máis intímo de Rosalía, unha muller namorada e apaixoada, adiantada ao seu tempo, feminista, decidida e desafiante ante calquer limitación, deixando atrais o estereotipo de figura triste e melancólica.
Unha produción que está nominada en 7 categorías nos XVII Premios Mestre Mateo que organiza a Academia Galega do Audiovisual, cuia gala de entrega terá lugar o Sábado 2 de Marzo no Palacio da Ópera da Coruña.
Imaxes da Rodaxe

Celebramos o Día de Rosalía con Antía Yáñez
As linguas de Rosalía

Para celebrar a Día de Rosalía colaboramos co colexio de Cervo, recitando un poema de Rosalía nos idiomas de orixe do noso alumnado, Coloboraron moitas persoas e outros colexios.
As linguas de Rosalía
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)