O Concello repartirá nos centros de ensino marcapáxinas para celebrar o Día de Rosalía. Haberá tamén un obradoiro creativo e unha actuación de Arume.
O obradoiro creativo que denominan A
miña Rosalía tratarase de decorar unha imaxe de Rosalía de Castro
utilizando diversos materiais, como plastilina, papel, cores, abelorios.
Está enfocado a nenos e nenas de 3 a 12 anos e farase o día 23, a través de
Gaia. Será na Casa da Cultura entre as 16:30 e as 19:00 horas. Durante
ese tramo horario poden pasarse cando queiran os nenos, daranlles un
pequeno agasallo aos participantes e despois todas esas creacións de
Rosalía expoñeranse durante unha semana na Casa da Cultura para que as poidan ver eles, as súas familias e toda a veciñanza de Burela”.
A actuación do grupo Arume será ás 18:30, diante da Casa Concello, onde está
despregada a pancarta de Rosalía. En caso de chuvia a actuación trasladarase á Praza de Abastos.
