Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Celebracións. Amosar todas as publicacións

luns, 23 de xuño de 2025

20 de xuño, fin de curso.

 
Remata o cole, con baile dos de 6º e unha sorpresa coa que non contaba. 
Graciñas a todos 😘😘😘😘😘
 
 

venres, 13 de xuño de 2025

Concello de Burela: I Semana da Infancia

 Burela celebra a Semana da Infancia cunha ampla programación educativa e lúdica. Terá lugar do 16 ao 20 de xuño con actividades repartidas por toda a vila e unha programación diversa pensada para distintos públicos. 
 Tamén haberá espazo para actividades complementarias como torneos de Ping Pong e Uno, ou a exposición “Tan coma Ti”, centrada na realidade das persoas con Síndrome de Down. 
 A semana rematará co concerto de fin de curso da Escola Municipal de Música.
 
 
 As persoas interesadas en participar nos torneos poden solicitar información ou inscribirse na Casa da Xuventude, a través do correo electrónico casaxuventude@burela.org ou chamando ao 982 58 11 41.
 
Para ver o cartel máis grande pica AQUÍ 
 

mércores, 2 de abril de 2025

2 de abril. Día Internacional da Concienciación sobre o Autismo


 Hoxe o alumnado de 3º repartimos polo patio un pequeno folleto informativo sobre o autismo e unha pegatina que simboloza esta concienciación

luns, 3 de marzo de 2025

sábado, 23 de novembro de 2024

Celebramos o 25 N. 2º video de Carmiña.


 
 As vacacións non estaban saíndo como se esperaba. 😔😔.
 
                                 Video
 
 

sábado, 9 de marzo de 2024

Día da Muller. 8 de marzo

 Celebramos no cole o Día da Muller. 
Buscamos, estudamos e seleccionamos  a mulleres que foron importantes ao longo da historia, ainda que non sexan coñecidas, nin teñan o recoñecemento que merecen. 
Tivemos a visita de representantes do noso mundo deportivo, as xogadoras non puideron vir, e do Concello

domingo, 2 de abril de 2023

Día da Concienciación sobre o Autismo. 2 de abril

 No colexio celebramos con entusiasmo este día, decorando toda a zona das escaleiras, entre todos. Queremos amosar así o noso apoio aos compañeiros e compañeiras con autismo, as súas familias e os seus mestres e mestras.
Podemos velo neste video
Podedes ver  a información sobre a música que acompaña ao video e o videoclip
 

martes, 21 de marzo de 2023

Día da árbore

 Estes últimos días estivemos facendo unha actividade coas monitoras de Gaia, o concurso "Que árbore é ?". Grazas Begoña, sempre nos gustan as vosas actividades.
 
Hoxe, o día da árbore coñecemos aos ganadores. Noraboa 2º A
 

martes, 14 de marzo de 2023

8 de marzo. Día da Muller

 
 Celebramos no cole o Día da Muller. Con todas as fotos que nos prestasteis fixemos este mural para homenaxear a aquelas mulleres que son importantes para nós.
Moitas grazas pola vosa colaboración

xoves, 16 de febreiro de 2023

Proxecto Neo

Compartimos cos amigos de Proxecto Neo os nosos poemas (minuto 3:45) e celebramos con eles o Día da Radio

 

Proxecto Neo emítese en Radio Burela FM 107.7  Tamén o podemos oir en Cuac FM da Coruña, en Radio Filispín nas terras do Ferrol,  Xente de Teo nas terras de Santiago de Compostela e Radio Piratona de Vigo.

luns, 24 de outubro de 2022

7ª Festa da Castaña. Día 12 de novembro na Praza da Mariña

 A Delegación de Cultura, Educación e Xuventude - Concello de Burela organiza a 7ª Festa da Castaña que terá lugar na Praza da Mariña o Sábado 12 de Novembro

De 17:00 a 20:00 horas haberá un Obradoiro de Confección de Zonchos e Chapas. As inscricións poden facerse presencialmente na Oficina de Medioambiente sita na Antiga Praza de Abastos ou telefónicamente chamando ao 647 136673. 

Ás 19:00 horas comezará o reparto de cornetes de castañas, bolos preñados e viño por 2'5 euros. 

 Ás 19:30 horas o contacontos Anxo Moure representará o espectáculo "Un castiñeiro con botas. Unha árbore ven a vernos". 

Ás 20:30 horas gozaremos de música tradicional a cargo da A.C.M. Dámbara. 

 Ás 21:00 horas será o sorteo dun vale de 25 euros no BoasMigas, dunha comida para 2 persoas no Restaurante O Sargo e de varios vales da ACIA Burela.