venres, 13 de xuño de 2025

Concello de Burela: I Semana da Infancia

 Burela celebra a Semana da Infancia cunha ampla programación educativa e lúdica. Terá lugar do 16 ao 20 de xuño con actividades repartidas por toda a vila e unha programación diversa pensada para distintos públicos. 
 Tamén haberá espazo para actividades complementarias como torneos de Ping Pong e Uno, ou a exposición “Tan coma Ti”, centrada na realidade das persoas con Síndrome de Down. 
 A semana rematará co concerto de fin de curso da Escola Municipal de Música.
 
 
 As persoas interesadas en participar nos torneos poden solicitar información ou inscribirse na Casa da Xuventude, a través do correo electrónico casaxuventude@burela.org ou chamando ao 982 58 11 41.
 
Para ver o cartel máis grande pica AQUÍ 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario