1ª quenda: do 1 ao 11 de xullo
2ª quenda: do 14 ao 24 de xullo
3ª quenda: do 28 de xullo ao 8 de agosto
4ª quenda: do 11 ao 22 de agosto
As familias interesadas poderán solicitar praza entre os días 9 e 11 de xuño, presentando a documentación necesaria presencialmente na oficina de Gaia ou enviándoa por correo electrónico ao enderezo gaia@burela.org.
A listaxe provisional de persoas admitidas publicarase o 17 de xuño na web municipal (www.burela.org), abríndose despois un prazo de dous días naturais para posibles renuncias.
Como medida de inclusión, resérvanse 6 prazas por quenda para menores en situación de vulnerabilidade, sempre que esta se acredite cun informe dos Servizos Sociais municipais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario