Amosando publicacións coa etiqueta Saídas 3º. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Saídas 3º. Amosar todas as publicacións

xoves, 5 de xuño de 2025

martes, 3 de xuño de 2025

Saída á Marosa

 Mañá 4 de xuño, se as condicións climatolóxicas o permiten, o alumnado de E. Primaria terá a Xornada de Convivencia nas instalacións deportivas da Marosa. 
Aconsellamos leven roupa deportiva, gorra e protección solar. 
Tamén deberán levar un tentempé e auga suficiente.

martes, 27 de maio de 2025

Eu son


 Visitamos a fundación Eu son. Fan actividades moi interesantes, pasámolo moi ben. Agardamos con ansia a visita deles.
 

martes, 6 de maio de 2025

Saída a Mazonovo


 Visitamos os muíños de mazonovo. Alí puidemos ver como funciona a enerxía hidraúlica, eléctrica e mecánica.
Ademais coñecemos de primeira man a evolución dos muiños dende fai miles de anos ata hoxe.  
 

luns, 28 de abril de 2025

Día 5 de maio. Mazonovo. Taramundi

  O día 8 faremos unha saída a Mazonovo (Taramundi) a ver o  Museo dos Muiños.

 Os vellos muíños  foron restaurados para coñecer como funcionaban e que actividades se realizaban neles. O visitante convértese no protagonista da visita xa que algúns dos muíños necesitan ser manipulados para o seu funcionamento, e é o visitante o que interactúa. 

Tamén se instalaron unha serie de reproducións de muíños para que

 se poda apreciar a súa evolución no tempo. O visitante pode incluso moer e comprobar por si mesmo o esforzo que supuxo traballar nestes muíños no pasado e a importancia que tiña e enerxía hidraúlica.

Hai 18 muiños, 7 son manuais, 6 hidraúlicos, 3 específicos para nenos e 2 especiais (a tamaño natural, expostos en perfecto estado, para que se poda entender os elementos que compoñen esta construccións)

No exterior hai paneis informativos e vitrinas de elementos relacionados cos muíños. É un museo de titularidade privada, os seus  propietarios son a cuarta xeración dunha saga de muiñeiros. 

O financiamento depende exclusivamente da venda de entradas e da venda do excedente de enerxía da minicentral hidroeléctrica que subministra enerxía ao museo.

Información do Concello de Taramundi 

Información de turismo Asturias

Saída a Mazo Novo o 5 de maio

martes, 18 de marzo de 2025

Saída a Aula de Consumo de Vegadeo

Nesta saída pretendemos que o noso alumnado, dunha forma práctica, lúdica e divertida, adquira habilidades e competencias en materia de consumo.

xoves, 13 de marzo de 2025

Saída ao Centro de Formación para o Consumo de Vegadeo


 
 
A próxima semana iremos a Aula de Consumo de Vegadeo.
 
AQUÍ  atoparedes información sobre o Centro de Formación para o Consumo de Vegadeo 

martes, 14 de xaneiro de 2025

Roteiro por Burela


 Hoxe en campañía das monitoras de Gaia, Begoña e M. José, andivemos por Burela, pola Vila do Medio, coñecendo sitios e aprendendo cousas que non sabíamos.

sábado, 26 de outubro de 2024

Un mar de diversidade

 
Participamos en actividades propostas pola Asociación Guillem Veiga Iglesias en colaboración coa Confraría de pescadores

domingo, 11 de xuño de 2023

Xornada de convivencia na Marosa

  O vindeiro martes 13 de xuño, todo o alumnado de Educación Primaria e o seu profesorado irán as instalacións do campo de futbol da Marosa para facer a XORNADA DE CONVIVENCIA de fin de curso.
 Sairemos camiñando do colexio sobre as 9:00 h da mañá e regresaremos tamén camiñando para estar no centro ás 14:00 h.
 Pasaremos a mañá con xogos por grupos. Os nenos e nenas levarán ROUPA AXEITADA para os xogos no campo, GORRA, PROTECCIÓN SOLAR, MERENDA para media mañá e bastante AUGA.
 
 Tamén sería convinte levar chubasqueiro por si hai cambios no tempo. 
 Moitas grazas 
 No caso de que o tempo non o permita,  trasladarase a actividade a outro día de bon tempo. 
 Deberán estar atentos ao ABALAR e redes sociais.

luns, 8 de maio de 2023

xoves, 4 de maio de 2023

Día 8 de maio. Mazonovo. Taramundi

 O día 8 faremos unha saída a Mazonovo (Taramundi) a ver o  Museo dos Muiños.

 Os vellos muíños  foron restaurados para coñecer como funcionaban e que actividades se realizaban neles. O visitante convértese no protagonista da visita xa que algúns dos muíños necesitan ser manipulados para o seu funcionamento, e é o visitante o que interactúa. 

Tamén se instalaron unha serie de reproducións de muíños para que se poida apreciar a súa evolución no tempo. O visitante pode incluso moer e comprobar por si mesmo o esforzo que supuxo traballar nestes muíños no pasado e a importancia que tiña e enerxía hidraúlica.

Hai 18 muiños, 7 son manuais, 6 hidraúlicos, 3 específicos para nenos e 2 especiais (a tamaño natural, expostos en perfecto estado, para que se poda entender os elementos que compoñen esta construccións)

No exterior hai paneis informativos e vitrinas de elementos relacionados cos muíños. É un museo de titularidade privada, os seus  propietarios son a cuarta xeración dunha saga de muiñeiros. 

O financiamento depende exclusivamente da venda de entradas e da venda do excedente de enerxía da minicentral hidroeléctrica que subministra enerxía ao museo.

Máis información 

mércores, 14 de decembro de 2022

Gaia. Ruta combinada


 Hoxe saímos coas monitoras de Gaia a facer unha ruta por Burela, para coñecer mellor o noso pobo e a súa historia.  Moitas grazas a Mª José e Begoña por esta maña tan agradable, na que ademáis aprendemos moito.
 
 

mércores, 5 de xuño de 2019

venres, 31 de maio de 2019

Preparamos a visita a San Martiño

 O venres día 7 de Xuño, visitaremos San Martiño en Foz.

Veremos a Basílica e o Espazo Caritel  (ollo!!! este blog ten enlaces, ver cun adulto).
Vista aérea da Basílica
Tamén coñeceremos a A lenda do Bispo Santo e o Desembarco da Festa Normanda que fan en Foz no verán para recordala.
   Máis información na foto, le →→→→→