Tamén se instalaron unha serie de reproducións de muíños para que se poida apreciar a súa evolución no tempo. O visitante pode incluso moer e comprobar por si mesmo o esforzo que supuxo traballar nestes muíños no pasado e a importancia que tiña e enerxía hidraúlica.
Hai 18 muiños, 7 son manuais, 6 hidraúlicos, 3 específicos para nenos e 2 especiais (a tamaño natural, expostos en perfecto estado, para que se poda entender os elementos que compoñen esta construccións)
No exterior hai paneis informativos e vitrinas de elementos relacionados cos muíños. É un museo de titularidade privada, os seus propietarios son a cuarta xeración dunha saga de muiñeiros.
O financiamento depende exclusivamente da venda de entradas e da venda do excedente de enerxía da minicentral hidroeléctrica que subministra enerxía ao museo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario