Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Samaín. Amosar todas as publicacións

xoves, 31 de outubro de 2024

Samaín: decoramos o cole


Estivemos decorando o noso cole para o Samaín, tivemos a inestimable axuda das familias, que fixeron unhas casas marabillosas, dignas dunha gran exposición. 
 
                       Moitísimas grazas, son fantásticas

mércores, 30 de outubro de 2024

Samaín: Visita as casas monstruosas


  O vindeiro luns 4 de novembro, de 16:00 a 19:00 horas, poderedes visitar os corredores dos tres edificios para poder ver as marabillosas "Casas Monstruosas" que o alumnado trouxo polo Samaín. Poderedes admirar o gran traballo que fixestes as familias. 
Fixesteis un  traballo estupendo as casas terroríficas son xeniais. 
 
Moitísimas  grazas, esperamos a vosa visita o  luns pola tarde.

sábado, 26 de outubro de 2024

Burela celebrará o Samaín coa II Noite das Ánimas o 31 de outubro


 A asociación cultural e musical Arume, de Burela, organiza a segunda Noite das Ánimas para celebrar o Samaín o día 31 de outubro, xoves, desde as 17:00 horas na Praza de Abastos de Burela.

Haberá actividades como taller de cabazas, confección de bonecas de millo, xogos tradicionais, contacontos, chocolatada, canto da Sinistra Compaña, procesión das ánimas, sorteos e foliada libre.

luns, 14 de outubro de 2024

Achégase o Samaín

 Videos:

Samaín cos Bolechas: información (lectura), actividades, receitas,....
Bolechas. Samaín: colorear, preparar cabazas,...
Xogos:
Samaín (concurso)
Samaín (V/F)
 
  Lecturas de Samaín
 
PEPE CARREIRO.Os Barbanzóns: A noite do Samaín. Editorial Toxosoutos
MANUEL CASTRO LIMA. A casa do rato Renato. Barafunda editorial.
CLARA DE SAÁ. Samaín. Kalandraka
PEPE CARREIRO. Os bolechas fan a festa dos calacús. A Nosa Terra
EVA MEJUTO e ANDRÉ LETRIA. Corre, corre cabaciña. OQO 
JACOBO FERNÁNDEZ.O Samaín. Galaxia
CARLOS E SABELA LABRAÑA. Indo para o Samaín. Everest
LORETTA BIROTT. O noso Samaín. Editorial Galaxia
RAFAEL LÓPEZ LOUREIRO. Samaín: a festa das caliverias. Ir Indo
 (Mira tamén os da foto)

martes, 10 de outubro de 2023

Samaín

 Queridas familias:

O martes, 31 de outubro, festexaremos no  cole o Samaín. Pedimos a vosa colaboración para que xunto ao voso fillo ou filla fagades un monstro arrepiante empregando material de refugallo. 

Os vosos terroríficos monstros formarán parte das nosas actividades lúdicas, polo que deben ir acompañados dun cartel co nome do monstro e o seu poder. 

Poderán traelo ao cole a partir do día 16 de outubro e levarano para a casa o día 31 de outubro. 

O martes día 31 os nenos e nenas podrán traer un complemento terrorífico ou vir pintados da casa.

martes, 11 de outubro de 2022

Samaín. Libros de medo


 Este ano faremos unha exposición de portadas de libros de medo. Pode ser un libro real ou imaxinario e podes elaboralo cos materiais que queiras. 
 
Anímate a participar, vainos quedar un corredor terrorífico 🎃🎃🎃🎃 

luns, 10 de outubro de 2022

Achégase o Samaín

 Samaín cos Bolechas: información (lectura), actividades, receitas,....
Bolechas. Samaín: colorear, preparar cabazas
  Xogos:

Lecturas de Samaín
 PEPE CARREIRO.Os Barbanzóns: A noite do Samaín. Editorial Toxosoutos
MANUEL CASTRO LIMA. A casa do rato Renato. Barafunda editorial.
CLARA DE SAÁ. Samaín. Kalandraka
PEPE CARREIRO. Os bolechas fan a festa dos calacús. A Nosa Terra
EVA MEJUTO e ANDRÉ LETRIA. Corre, corre cabaciña. OQO 
JACOBO FERNÁNDEZ.O Samaín. Galaxia
CARLOS E SABELA LABRAÑA. Indo para o Samaín. Everest
LORETTA BIROTT. O noso Samaín. Editorial Galaxia
RAFAEL LÓPEZ LOUREIRO. Samaín: a festa das caliverias. Ir Indo
 (Mira tamén os da foto)

mércores, 3 de novembro de 2021