Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións

domingo, 5 de xaneiro de 2025

Noite de Reis

O Concello de Burela recibe este domingo, 5 de xaneiro, a visita das súas maxestades, os Reis Magos de Oriente.

🐪Melchor, Gaspar e Baltasar sairán ás 19:00 horas da rúa do Ril e o percorrido rematará na praza da Mariña.
 
 Na  carpa da Praza da Mariña, haberá unha  rosconada e chocolatada. 

Según aclara a alcaldesa: "En función das condicións meteorolóxicas, o Concello informará  dos posibles cambios no percorrido da cabalgata. No caso de alerta amarela
ou laranxa, só se  realizará a recepción na carpa".

martes, 31 de decembro de 2024

Ano 2025

                                                       

martes, 24 de decembro de 2024

Bon Nadal


                        Felices Festas 

                          e Bon Nadal 
                             

                😘😘😘😘

sábado, 21 de decembro de 2024

Festexando o Nadal


 Todos o alumnado de Primaria preparamos unha actuación musical cos profes de música. Está      AQUÍ

Dia 20 de decembro

 Celebramos o Nadal: cantamos todos xuntos, vistounos o Apalpador, comemos e fixemos un obradoiro
de Nadal

Decoramos o cole



Estivemos decorando o noso cole para o Nadal
  Videos

xoves, 19 de decembro de 2024


 
 

 Mañá 20 de decembro, de 16:30 a 20:00, haberáa  festa de Nadal da Anpa, no pavillón dos Castros, con inchables, chocolate con churros e moita animación!.

 Tamén se sortearán as cestas de 6º de primaria, se non tedes o voso número ainda estaredes a tempo de participar.

venres, 13 de decembro de 2024

Nadal. Ensaio Xeral


 Hoxe todos xuntos no pavillón fixemos un ensaio xeral cos profes de música
   Foto
   Videos 
   Montaxe

luns, 2 de decembro de 2024

O Apalpador

  O Apalpador, unha figura mítica da tradición galega que estaba ao límite da desaparición e que está sendo recuperada nos útimos anos grazas a intensa campaña realizada por un grupo de investigadores e profesores.
O Apalpador é un un xigante carboeiro que descendía das devesas na noite do 24 ou 31 de decembro, segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles a barriga para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles “así estexas todo o ano”. A súa figura comezou a popularizarse como símbolo do anticonsumismo no Nadal e para recuperar os valores da tradición natalicia galega e confrontalo co importado Papa Noël ou mesmo, coa figura dos Reis Magos.
Na montaña lucense, principalmente, nos vales do Cebreiro, Courel, Louzara e Ancares, é onde pervive a figura deste vello e rexo carboeiro que apalpa a barriga dos nenos. Apalpador, Apalpa-Barrigas ou Pandigueiro é o nome que recibe esta pesonaxe que está ligada ás comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares, aínda que se está a recuperar en toda Galicia.
 Mais información no libro de  Carlos Labraña: O Apalpador
                        Música: 
                      Paco Nogueiras en Brinca Vai: O Apalpador
                      Gramola Gominola: O Apalpador

venres, 5 de xaneiro de 2024

domingo, 24 de decembro de 2023

Boas Festas


Quero desexarvos unha magníficas vacacións.

 Disfrútade destas festas en boa compañía.


Un bico moi forte



xoves, 21 de decembro de 2023

Proxecto Neo


 Neste programa 403, o derradeiro do ano 2023, hai tres colaboracións da Escola dos Castros: unhas adiviñas, un poema adicado ao Apalpador e unha canción de Nadal interpretada e gravada no colexio.
Escoitao   AQUÍ
 
 
Xunto con Penabade están Hugo, Sara, Izan e Germán, falando dos seus recordos do colexio

Festa de Nadal. O día 21 visitounos o Apalpador

 
 

Decoramos o cole

 
 Videos 
 

Calcetíns


 Un ano máis deixamos nos calcetíns os nosos bos desexos  aos nosos amigos e amigas segredos 
   Videos
   Montaxe

Felicitacións de Nadal do cole

 
 Entre todos fixemos estas felicitacións, un excelente traballo de Roberto.
Fotos (4º B e profes)
Video (Primaria) 
Video (Infantil)