
O vindeiro venres
día 25 de febreiro, se as condicións meteorolóxicas o permiten, os nenos
e nenas do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme participarán nun desfile de
Entroido arredor do recinto escolar. A saída está prevista para as 10:30
dende a cancela de Infantil, seguindo pola Rúa do Colexio para volver
ao patio pola entrada máis próxima ao pavillón. No caso de que desexedes
ver o desfile deberedes seguir estas indicacións:
• Manterse nun sitio
fixo da beirarrúa, sen acompañar o desfile.
• Non baixar da beirarrúa
para achegarse aos grupos.
• Non chamar aos nenos/as para evitar
interromper a actividade
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario