Para celebrar a semana do libro, a biblioteca do
centro pon en marcha unha nova actividade para as familias, inauguramos
a “EMOCIOTECA”, espazo localizado na entrada do Edificio 1.
A partir do
día 20 de abril empezará a funcionar o servizo de préstamo de libros
para papás, mamás e persoal do centro que se anime a ler sobre educación
e benestar emocional. Quen o desexe poderá levar para a casa un libro,
durante 15 días, anotándose nun rexistro na oficina da planta baixa.
Co
fin de mellorar a convivencia e o benestar emocional da comunidade
educativa iniciamos este proxecto que abarca tamén outras actividades,
esperamos que sexa dinámico e beneficioso para todos e todas. Animamos
ás familias a implicarse neste obxectivo participando activamente na
EMOCIOTECA, elixindo libros que axudarán a acadar harmonía,
tranquilidade e benestar emocional, así coma axudar ás familias coa
educación dos seus fillos e fillas. “PASA POLA EMOCIOTECA E DISFRUTA
LENDO”
Ningún comentario:
Publicar un comentario