Como ben coñecen vostedes, mañá 20 de abril, o
Consello de Ministros publicará no BOE que deixará de ser obrigatorio o
uso da máscara en espazos interiores. A este respecto a Consellería de
Sanidade da Xunta de Galicia recomenda continuar usándoa nos centro
educativos.
Pregamos teñan en conta esta recomendación como principio de
prudencia. Comunicarase calquera modificación respecto ao protocolo
Covid da Consellería de Educación.
No caso de que algún neno ou nena
presente signos compatibles coa COVID 19, e decida asistir á clase,
sería convinte que mantivese o uso da máscara ata que remitan os
síntomas.
Agradecemos a colaboración e o esforzo das familias durante
todo este tempo de restriccións, fostes un exemplo de responsabilidade
para toda a comunidade.
Agora que empezamos unha nova etapa desexamos
que todo evolucione de xeito favorable para todos e todas.
Moitas
grazas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario