mércores, 11 de maio de 2022

Día 16 de maio, día non lectivo

 Lémbrase ás familias que o vindeiro luns 16 de maio será día non lectivo no noso centro, polo que non haberá clase. Este día foi seleccionado polo Consello Escolar do centro e aprobado pola Xefatura Territorial de Educación o 25 de novembro de 2021, dando así cumprimento ao artigo 7.2 da Orde do 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar que permite solicitar un día non lectivo durante o curso escolar 2021/22. No primeiro trimestre enviouse un calendario escolar ás familias con dita información, calendario que tamén está neste blog (á esquerda, debaixo do gato animado)

Ningún comentario:

Publicar un comentario