venres, 24 de marzo de 2023

Charla sobre novas tecnoloxías para nais e pais

  O vindeiro martes 28 de marzo ás 16:00h, no Auditorio da Casa da Cultura de Burela haberá unha charla formativa para as familias sobre "INFANCIA E NOVAS TECNOLOXÍAS". Organizada por "Educando en Familia", será impartida polo Equipo de Formación da Garda Civil de Lugo e terá unha duración dunha hora.
  Desde fai anos este equipo traballa cos centros escolares para formar nestes temas ao alumnado e coñecemos de primeira man o seu traballo, polo que, recomendamos a asistencia a esta actividade na que se darán orientacións aos pais e nais sobre o uso das novas tecnoloxías nos nenos e nenas e os riscos que conleva. 
 
Pola seguridade dos teus fillos e fillas, participa nesta actividade!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario