Está aberto o prazo para solicitar o Fondo Solidario e axudas de libros de texto e material para o curso 2023/24. (Toda a información está na web da Consellería de Educación: www.edu.xunta.gal/fondolibros/)
Poderán solicitalo o alumnado matriculado en 3º e 4º de E. Primaria no curso 2023/24. Para beneficiarse do fondo solidario (3º e 4º de E.P) é obrigatorio devolver os libros de texto recibidos co fondo do curso 2022/23. O prazo máximo para a devolución será o 21 de xuño de 2023.
Axudas para material escolar para todo o alumnado matriculado en Educación Primaria.
Pode solicitarse por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (ED330B) ou presencialmente no centro, desde o 22 de maio ata o 21 de xuño de 2023 incluido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario