xoves, 29 de xuño de 2023

CLan: Os mariñáns Aliyah Fidalgo, Brais Sixto e Paula Jorge, protagonistas dunha nova serie de TVE

«Los Argonautas y la moneda de oro» é o título do primeiro capítulo dunha serie estreada o luns día 26 en Clan, coa presenza de tres actores burelenses no elenco: os nenos Aliyah Fidalgo e Brais Sixto e a moza Paula Jorge
A serie está dirixida a espectadores de entre oito e doce anos. 
Ademais de Aliyat Fidalgo e Brais Sixto, Sarela Montes, Claudia Pujaldes, Juan Rodríguez, Lúa Varela e Xoel Río completan o elenco de novos actores, a gran maioría sen experiencia previa. 
 
Paula Jorge traballa na serie como nai do personaxe interpretado por Aliya Fidalgo. 
A serie, dirixida por Lucía Estévez, emítese de luns a venres ás 21:00 horas e ao día seguinte pódese ver repetida en redistribución ás 15:00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario