sábado, 17 de maio de 2025

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros e material para o curso 25/26.

 Publicouse a Orde do 28 de abril de 2025 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros
de texto e se convocan axudas para adquirir libros e material para o curso 25/26. O prazo estará aberto desde o 16 de maio ata o 20 de xuño incluídos.
 Poderá presentarse:
 - Preferiblemente por vía electrónica mediante o formulario dispoñible na aplicación Fondolibros (https://www.edu,xunta,gal/fondolibros/)
- A través da sede electrónica da Xunta de Galicia. 
- Presencialmente no centro. Poden cubrir a solicitude (anexo I) na aplicación Fondolibros , imprimila e presentala xunto con anexo II e a documentación correspondente (consultar na web da Consellería). Tamén poden recoller o formulario na secretaría do centro. Para complementar información consulte a seguinte páxina web: https//www.edu.xunta.gal/fondolibros

Ningún comentario:

Publicar un comentario